Novas

T. 25/26 – X. 4 | PREVIA

Set 26, 2025

Inmersas nestas dúas semanas con dobre partido, encaramos a cuarta xornada de liga ante o Atlético Torcal (domingo, 11 horas), que disputaremos por segunda semana consecutiva no noso pavillón da Seca.

Con 7 puntos de 9 posibles e en segundo lugar na clasificación. Así chegamos a este duelo ligueiro, moi importante para manter a efectividade ante o noso público, crucial para poder estar nos postos altos da táboa. Vimos de superar por 4 – 0 ó Ceuta e, en Copa da Raíña, por 3 – 5 ó Almagro de Segunda División en dezaseisavos de final. Na convocatoria están todas as xogadoras agás Miri (regresa Noelia Montoro, logo de non estar na lista da Copa).

O conjunto adestrado por Víctor Quintero tamén avanzou a oitavos de final en Copa, vencendo por 2 – 6 ó Entrerríos Automatización de Zaragoza o pasado mércores. En liga van décimas con 4 puntos tras empezar cun 1 – 2 ante o Castro, un 2 – 2 na pista do Penya Esplugues e gañar na pasada xornada por 2 – 1 ó Les Corts. Esta é a súa terceira tempada consecutiva en Primeira División.

Un total de seis precedentes existen entre ambos clubes, cunha bagaxe de 5 triunfos conserveiros e 1 empate (precisamente na Seca nol primeiro enfrontamento que tivemos, o 9 de outubro de 2021).

 

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas