Unha nova andaina copeira comeza esta tempada. Neste caso, falamos da Copa Galicia, que celebra a súa 19ª edición no torneo feminino. Debutaremos en cuartos de final na pista do Estrela Futsal, nunha rolda a único partido, este mércores ás 20:30 horas no municipal da Bandexa, Padrenda.
Chegamos a este partido sendo terceiras en liga con dous triunfos e dous empates. Ademais, sumamos outra vitoria en dezaseisavos da Copa da Raíña. Un bo inicio en liñas xerais, pese ó último empate en casa, posto que foron os primeiros puntos que se escaparon do noso feudo. Para este novo enfrontamento entre semana están convocadas as trece habituais (todas agás Miri).
O Estrela Futsal é un equipo de recente creación. A pasada foi a súa primeira tempada e proclamáronse campioas da Preferente Galicia, polo que ascenderon a Segunda División Nacional, onde gañaron os seus dous primeiros partidos e marchan terceiras. Moitas coñecidas de Primeira División forman o seu vestiario, polo que quizáis o seu nivel real esté moito máis preto do poida asemellar. Na rolda previa desta Copa Galicia superaron por 6 – 2 ó Mosteiro Bembrive vigués.
Será o primeiro duelo entre ambos clubes.

