Este sábado, día 1 de novembro, disputaremos na Seca o encontro da novena xornada de liga ás 18 horas contra o Alcorcón. Será o derradeiro antes do parón pola celebración do Mundial de Filipinas (a décima xornada está fixada para o 13 de decembro).
Así pois, para conmemorar, como cada ano, o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero contra a Muller, que será o 25 de novembro, dedicaremos este partido á citada causa.
Por iso, fixemos un acto de presentación do enfrontamento coas nosas xogadoras, dentro das actividades relacionadas coa campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego 2025.
O deporte sempre ten que ser un vehículo para educar nos valores da igualdade e o respecto. Por tanto, este partido estará dedicado a dar visibilidade á loita para eliminar a violencia de xénero contra a muller.
Cada paso é moi importante para conseguir unha sociedade máis igualitaria.

