Novas

T. 25/26 – X. 14 | PREVIA

Xan 9, 2026

En busca de manter o pleno de vitorias (e en derbis) en 2026, situámonos no primeiro partido do ano en casa, ante o FSF Castro, este sábado ás 10:30 horas (en directo por Teledeporte).

Chegamos a este duelo tras superar a domicilio a Burela e a Ourense, co que curtamos a xeira de catro partidos seguidos sen gañar en liga. Ademais, ascendimos ó cuarto lugar da clasificación, recuperando posto de playoff tras dúas xornadas fóra. Avantaxamos en 2 puntos ó quinto, o Futsi, mentras que nos mantemos tamén a 2 do segundo clasificado, Alcorcón. Para esta xornada contamos coa baixa de Candela, ademais da habitual de Miri.

O Castro, pola súa parte, é o noveno clasificado, con 18 puntos, 7 menos que nós. En busca de reaccionar para alcanzar postos de playoff, que é o seu obxectivo, ficharon a tres xogadoras de cara á segunda volta (en principio, non están convocadas para este partido). Son Natalinha (recente campioa do mundo), Luana Moura e María Clara Soares. Todas brasileiras. Veñen de superar por 0 – 4 ó Burela, co que finalizaron a súa peor xeira da tempada, pois perderan tres veces seguidas, ante Roldán, Guadalcacín e Ourense. Suman 42 goles a favor (47 nós) e 37 en contra (30 no noso caso).

É a terceira tempada das lucenses en Primeira División, polo que hai catro antecedentes ligueiros, saldados cun triunfo conserveiro e tres empates. Ademais, en Copa Galicia, superáronnos por 4 – 1 nas semifinais da pasada campaña.

 

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas