Novas

T. 25/26 – X. 16 | PREVIA

Xan 23, 2026

A segunda metade do campionato de Primeira División comeza no noso feudo, recibindo a un rival directo polo playoff que está cos mesmos puntos que nós, o STV Roldán FSF (sábado, 18:30 horas).

A nosa xeira en 2026 está a ser impoluta, con pleno de vitorias en catro partidos (a mellor no que levamos de tempada). Grazas a ela, subimos ó terceiro chanzo da táboa con 31 puntos, con 4 de marxe sobre o quinto clasificado. Pechamos a terceira mellor primeira volta da nosa historia na máxima categoría do fútbol sala español, á par que Luis López-Tulla se convirtiu no técnico con máis partidos dirixidos do equipo. Na convocatoria están todas agás Miri (regresa Candela).

O esixente STV Roldán porá a proba a nosa xeira. É o actual segundo da liga, cos mesmos puntos e mesmos goles a favor que nós (52). O rexistro que nos melloran é o de tantos recibidos (25, por 31 no noso caso). Gañaron os dous pasados encontros, o último fronte a outro gran rival como é o Alcorcón. Xogaron oito veces como visitantes, conseguindo 5 vitorias, 2 empates e só 1 derrota (en Navalcarnero). Foron as únicas en puntuar en Melilla e enlazan sete saídas sen perder.

En total, enfrontámonos 27 veces, con 10 triunfos conserveiros, 8 empates e 9 vitorias murcianas. Na Seca superáronnos en tres choques, a última en 2022. Ó noso favor, actualmente, está o dato de que non perdemos neste duelo directo nas derradeiras nove ocasións (4 vitorias e 5 igualadas). Na primeira volta do presente curso, o resultado en Roldán foi de 2 – 2.

CATEGORÍA: Previas