Novas

T. 25/26 – X. 17 | PREVIA

Feb 6, 2026

Dúas semanas despois (co intermedio para a celebración da Supercopa), regresa a competición. Esta vez viaxaremos a Chiloeches para enfrontarnos ó pechacancelas da táboa (sábado, 16:30 horas).

Chegamos a este partido tras un espectacular duelo contra o Roldán, rival directo ó que superamos por 5 – 1, encadeando a quinta vitoria seguida. Así, ascendemos ó segundo posto da liga, a 3 puntos do líder e con 4 de vantaxe sobre o quinto clasificado, limite do playoff polo título. Todas as nosas xogadoras están convocadas, agás Miri.

O noso rival, un debutante en Primeira División, posee 6 puntos e pecha a clasificación, a 9 da permanencia. Venceu dous partidos, ambos como local (a Guadalcacín e LBTL Futsal Alcantarilla). Actualmente encadea seis derrotas consecutivas. É o segundo conxunto menos goleador (30, por 57 nosos) e o que máis tantos recibe (83, por 32 no noso caso).

Na primeira volta da presente campaña, vencemos por 7 – 0. Existe un precedente en Segunda División, no curso 2012 – 2013 (o do noso ascenso). Entón, gañamos na Seca por 1 – 0 e en Chiloeches por 2 – 5.

CATEGORÍA: Previas