Novas

Carolina Bravo, convocada con España sub-23

Feb 10, 2026

A futbolista conserveira, Carolina Bravo Curbelo (Lanzarote, 06/02/2003), foi citada polo seleccionador Jordi Gay para unha nova concentración da Selección Española Sub-23. O combinado nacional disputará dous partidos contra Portugal en Asturias. Ambos poderanse seguir en directo polas canles oficiais da RFEF este martes e mércores ás 19:30 horas.

Bravo xa fora parte na tempada pasada deste mesmo equipo e, con anterioridade, pasou polas filas da sub-21.

Esta é a súa primeira convocatoria como xogadora do Poio Pescamar.

CATEGORÍA: Novas