Novas

Èlia, Martita e Elena con España para os derradeiros partidos da tempada

Mar 9, 2026

A seleccionadora Clàudia Pons publicou a nova convocatoria de España, que se concentrará a partir do domingo día 15 en Las Rozas. Despois xogarán en Fafe dous encontros amigables fronte a Portugal, os días 19 e 21 deste mes de marzo. Estes serán os últimos partidos antes da fase de clasificación para o Europeo de Croacia de 2027 (que será en outubro).

As futbolistas conserveiras convocadas son Martita, Elena e Èlia. A coruñesa completa así a súa participación en todas as convocatorias do combinado nacional na presente campaña (sete). Para a gardameta segoviana é a quinta chamada (incluíndo a do Mundial, igual que Martita). Repite, tras o seu debut, Èlia. A tarraconense estreouse con España neste 2026 e volve entrar por segunda vez na lista.

Parabéns a todas!

CATEGORÍA: Novas