Queda apenas unha semana para que se coñezan os campións da Copa Galicia masculina e feminina. Fai uns días publicábase o escenario das finais, os seus horarios e prezos de entradas. Agora, a Federación Galega de Fútbol, habilitou a venda dos pases, que se poden adquirir individualmente ou como un abono para ambos partidos. Están a disposición por internet, a través do club organizador (Leis Pontevedra FS) ou, fisicamente, a través dos catro equipos participantes.
Así, no que ó Poio Pescamar respecta, a venda de entradas abrirase este mércores 25 de marzo no pavillón da Seca, en horario de 17 a 20:30 horas. Tamén:
- Venres 27 de marzo de 17 a 20:30 horas.
- Sábado 28 de marzo antes do partido de liga contra o Burela, que é ás 18:30 horas.
- Luns 30 de marzo de 17 a 20:30 horas.
- Martes 31 de marzo de 17 a 20:30 horas.
A nosa final, ante o FSF Castro, está programada para o 2 de abril ás 12 horas. A masculina, entre O Parrulo e Noia, será o 1 de abril ás 20:30 horas.
Lembramos que os prezos son:
- Abono para ambos partidos: 15€
- Entrada para unha única final: 10€
- Menores de 16 anos: de balde, pero débese retirar entrada.
Sen dúbida, será unha final moi especial, xa que volvemos ó escenario onde cambiou a nosa historia en 2017. Por aquel entón gañamos o noso primeiro título, unha Copa Galicia ante o Ourense CF na primeira final á que accedíamos. Nove anos despois, optamos ó quinto título, que queremos celebrar xunto á nosa afección, unha Marea Vermella que xa naquela ocasión tinguiu de vermello o Municipal dos Deportes de Pontevedra.

