Novas

T. 25/26 – X. 22 | PREVIA

Mar 27, 2026

Volve a Primeira División a Poio despois de dúas semanas de parón. Faino cun Derbi das Costas ante o Reyco Burela FS este sábado ás 18:30 horas no pavillón da Seca.

Coas dúas últimas vitorias, ante Móstoles na casa (hai xa un mes) e a domicilio contra o Atlético Torcal, conseguimos avanzar ata o terceiro posto da clasificación. A xeira de triunfos sobe a tres se contamos a semifinal da Copa Galicia, disputada precisamente ante o conxunto da Mariña. Nesta xornada poderiamos aproveitarnos do duelo directo entre Roldán (2º) e Futsi (4º). Todas as xogadoras están convocadas excepto Miri.

O equipo de Belén Feal é penúltimo con 8 puntos e a permanencia afastada en 16 máis. A súa puntuación logrouna entre as xornadas seis e nove, xa que agora encadea doce derrotas consecutivas. Certo é que as súas dúas vitorias ligueiras foron como visitantes. Son a escadra menos goleadora (26, por 72 no noso caso) e a segunda que máis goles recibe (95, por 41 nós).

Na presente campaña, superámolas na liga por 0 – 2 (primeira vez que gañamos na súa pista) e na Copa Galicia por 7 – 1. Cómpre resaltar que, anteriormente, o balance xeral estaba moi ó seu favor e agora é de 6 vitorias conserveiras, 5 empates e 30 triunfos laranxas.

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas