Novas

Resumo do curso 2025 / 2026 no club

Xuñ 19, 2026

O pasado 13 de xuño pechouse unha nova campaña chea de fútbol sala en Poio. Para dar voz a cada equipo, que non son poucos, faremos unha moi breve síntese de como transcorreron estes meses para cada un deles:

  • Sénior Feminino: o noso buque insignia segue batendo rexistros e consolidándose como un dos mellores equipos de España. Na presente campaña acadouse a final da Copa Galicia e as semifinais da Liga e da Copa da Raíña. O primeiro título nacional segue resistíndosenos, pero ben certo é que a dificultade para logralo é máxima, pois estamos na mellor liga do mundo.

 

 

  • Sénior Feminino B: o filial conserveiro regresaba á súa categoría teito, a Preferente Galega. Nela desenvolveron unha gran campaña, que pecharon no 7º posto con 50 puntos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desta forma, conseguimos dous dobretes de Liga e Copa, grazas ós equipos Benxamín A e Biberón A. Como campións de Liga temos ó Xuvenil Masculino, Infantil e Prebenxamín B. O oitavo entorchado, un campionato de Copa a nivel galego para o Infantil Feminino. Ademais, no apartado de ascensos, destacan os do Sénior Masculino e Xuvenil Masculino.

Obviamente, aínda que falamos de todos os resultados e clasificacións, referímonos á base, na que o primordial é aprender e adquirir valores, máis alá das vitorias e das derrotas.

CATEGORÍA: Comunicados