Segunda renovación confirmada e tamén será por dúas tempadas. Carolina Bravo Curbelo (Lanzarote, 06/02/2003) seguirá percorrendo a banda da pista da Seca.
Bravo rematou a súa primeira campaña en Poio como a máxima asistente da tempada (11 pases de gol) en todas as competicións. Xunto cos seus 9 tantos, suma un total de 20 participacións directas na creación de goles. Ademais, dúas desas dianas chegaron nos dous partidos do playoff polo título de liga. As súas estatísticas xerais son:
- Convocatorias: 36
- Partidos disputados: 35
- Titularidades: 9
- Goles: 9
- Asistencias: 11
- Tarxetas amarelas: 3
- Tarxetas vermellas: 0
Ademais, no pasado mes de febreiro, Bravo volveu ser convocada pola Selección Española Sub-23.

