Novas

Renovado o corpo técnico do Reserpón para o reto da Terceira División

Xuñ 26, 2026

A confección do plantel que defenderá o escudo do Poio no seu debut na Terceira División Nacional xa está en marcha. O primeiro paso, a renovación de todo o corpo técnico que conseguiu hai un mes este fito: Lin, Chan, Rafa, Rubén e Juan.

  • Ángel Alfonsín, Lin: o adestrador do equipo afrontará a súa cuarta tempada á fronte do mesmo. Con el disputáronse as tres campañas en Preferente. Chegaba tras conseguir o ascenso á División de Honra co equipo xuvenil masculino no curso 2022 / 2023.
  • Fernando Chan: segundo adestrador, tamén desde a estrea na Preferente Futgal, polo que esta será a súa cuarta tempada no equipo.
  • Rubén Seara: auxiliar. Acumula a mesma traxectoria ca Lin desde a campaña do equipo xuvenil mencionada anteriormente.
  • Rafa Caldas: delegado. Afrontará a súa segunda tempada no equipo. Rafa compatibilizou este labor co de adestrador do equipo xuvenil na campaña recentemente rematada (na que logrou o ascenso á Preferente, coa axuda de Chan).
  • Juan Lavia: delegado de pista. Tamén formará parte do corpo técnico por segundo ano consecutivo.

Desexámoslles a todos moita sorte para unha tempada que se presenta tan ilusionante como esixente.

Na imaxe, de esquerda a dereita: Chan, Lin, Rubén, Rafa e Juan.

CATEGORÍA: Comunicados