Novas

A internacional, Laura Sánchez, aposta polo proxecto vermello

Xuñ 27, 2026

A primeira fichaxe confirmado de cara á tempada 2026 / 2027 é Laura Sánchez Arcediano (Madrid, 01/11/2001). Procede da A.D. Alcorcón F.S.F. e desempeñarase na posición de ala-pivote.

Laura comezou no fútbol sala da man do C.F.S. Feminino San Fernando, no que permaneceu entre 2012 e 2021. Este club foi recentemente o terceiro clasificado do Grupo 3 da Segunda División, aínda que caeu na semifinal polo ascenso fronte ó CFS Autoescola Urgell Linyola. Posteriormente, asinou polo Alcorcón, onde militou nas últimas cinco tempadas e con quen finalizou en quinto lugar na recentemente rematada campaña da máxima categoría. Precisamente, o seu debut co conxunto oleiro produciuse fronte ó noso equipo (con vitoria conserveira por 1 – 5). Foi o 18 de setembro de 2021 e tamén supuxo a súa posta de longo na Primeira División.

A futbolista madrileña estreou internacionalidade con España xusto no mellor momento. O 8 de setembro de 2025 chamárona por primeira vez, aínda que naquela concentración non había partidos, polo que debutou na seguinte, en outubro. A continuación, foi incluída na convocatoria para o primeiro Mundial oficial de fútbol sala feminino, disputado en Filipinas, onde conquistou a medalla de bronce.

Benvida a Poio, Laura!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Laura Sánchez