Rafaela Dal’Maz (Guarapuava, Brasil, 31/01/1991), máis coñecida como Rafa Pato, confirma a súa saída do Poio Pescamar FS.
A pivote ítalo-brasileira, que disputou o Mundial de Filipinas defendendo a selección azzurra, coa que acadou a 5ª posición, estreábase en España co noso club, despois dunha longa traxectoria por todo o mundo ás súas costas.
Rafa Pato anotou 14 goles na liga, superada só polos 18 de Ale de Paz e igualada con Débora. Sumando os partidos da Copa Galicia e da Copa da Raíña, alcanzou os 17 goles, mantendo o segundo posto como goleadora, neste caso empatada con Chuli e por detrás dos 22 da capitá, Ale. Tamén destacou polas súas 9 asistencias, cifra unicamente superada por Débora (10) e Bravo (11). Os seus números nesta campaña como conserveira foron:
- Convocatorias: 38
- Partidos disputados: 34
- Titularidades: 7
- Goles: 17
- Asistencias: 9
- Cartóns amarelos: 8
- Cartóns vermellos: 1
Moita sorte no que estea por vir, Rafa!

