Na pasada semana, a Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala concedeu os seus premios da tempada 2025 / 2026, outorgando dous recoñecementos á nosa entidade.
O primeiro deles é para o noso técnico, Luis López-Tulla, ó que distinguen como Mellor Adestrador da Primeira División feminina. Del destacan “o seu gran labor, liderado e contribución ó crecemento do fútbol sala feminino”. É a segunda vez que Luis recibe este premio, sendo a primeira en 2023, pola tempada do seu debut como conserveiro (o primeiro playoff polo título que disputamos e a liga na que máis puntos acadamos).
O segundo recoñecemento recae en nós como Mellor Equipo Revelación Feminino da Primeira División. Desde a ANEFS destacan “ó Poio Pescamar FSF con este galardón por unha tempada sobresaínte, marcada polo crecemento deportivo, a competitividade e a consolidación dun proxecto que foi unha das grandes revelacións do fútbol sala feminino. Este premio pon en valor o traballo das xogadoras, do corpo técnico, da directiva e da afección, cuxo esforzo conxunto foi clave para acadar este recoñecemento”.
Agradecemos enormemente á ANEFS estes galardóns, que poñen en valor o traballo dun club profesional como é o Poio Pescamar FS.

