A peche murciana Noelia Montoro Susarte (Mula, 01/11/1997) non formará parte do equipo conserveiro na vindeira tempada.
A internacional, triple campioa de Europa e recentemente medalla de bronce no Mundial con España, marcha tras unha campaña defendendo a camisola vermella, na que acadou os seguintes rexistros:
- Convocatorias: 35
- Partidos xogados: 31
- Titularidades: 10
- Goles: 2
- Asistencias: 4
- Tarxetas amarelas: 4
- Tarxetas vermellas: 0
Moitas grazas polo teu rendemento na pista e pola túa dedicación como adestradora na base do club. Poio sempre será a túa casa.

