Tras darse a coñecer a renovación por dúas tempadas das capitás Ale de Paz e Elena, non podía ser diferente con outra das pezas clave do vestiario. Marta López-Pardo González-Tejero (A Coruña, 19/03/2001) xogará a súa sexta e sétima campaña como conserveira. É a futbolista que, na actualidade, máis tempadas consecutivas acumula no club.
Con 172 partidos ás súas costas, Martita xa é unha lenda vermella e unha das cinco xogadoras con máis encontros disputados na Primeira División coa nosa camiseta. Ademais, a pesar de desempeñarse como peche, cada ano supera o seu rexistro anterior de goles marcados, acadando xa os 32 (e 19 asistencias). O seu crecemento exponencial serviulle para asentarse na Selección Española, coa que conquistou a medalla de bronce no Mundial de Filipinas a finais de 2025.
Os seus números na tempada 2025 / 2026 son:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 36
- Titularidades: 30
- Goles: 10
- Asistencias: 4
- Cartóns amarelos: 0
- Cartóns vermellos: 0
Unha vez máis, é a futbolista con máis titularidades, empatada con Ale de Paz. Tamén destaca o feito de que non recibiu nin un só cartón durante toda a tempada.

