Novas

Zaide Pérez e o Poio Pescamar separan os seus camiños

Xul 2, 2026

Zaide Pérez González (O Carballiño, 05/11/2001) deixará de vestir de vermello tras unha tempada na nosa entidade.

Habitual revulsivo no esquema de Luis López-Tulla, comezou a liga anotando 3 goles nas dúas primeiras xornadas, o que lle valeu para encabezar a clasificación de máximas goleadoras. Finalmente, as súas estatísticas no curso, entre todas as competicións, foron:

  • Convocatorias: 39
  • Partidos xogados: 30
  • Titularidades: 1
  • Goles marcados: 6
  • Asistencias: 1
  • Cartóns amarelos: 1
  • Cartóns vermellos: 0

Moita sorte en todo o que veña, Zaide!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Zaide Pérez