Débora Marisa Fernandes Lavrador (Lisboa, 16/01/1996) renova, ó igual que o resto das compañeiras que continúan, ata 2028.
A futbolista portuguesa, subcampioa do mundo en Filipinas en 2025, destacou no seu primeiro ano en Poio, xogando en todas as posicións e sendo unha das tres integrantes do cadro de xogadoras que disputaron os 39 partidos posibles coa nosa escadra. Ademais, con 16 goles e 10 asistencias, foi a segunda xogadora con máis participacións decisivas en ataque.
As súas estatísticas entre Liga, Copa da Raíña e Copa Galicia foron:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 39
- Titularidades: 15
- Goles marcados: 16
- Asistencias: 10
- Tarxetas amarelas: 7
- Tarxetas vermellas: 0
Un pracer contar contigo entre nós, Débora!

