Carmen Noreña Rodríguez, Chuli (Santander, 18/10/2000), amplía por dous anos máis a súa vinculación co club.
Na súa segunda campaña en Poio volveu formar parte do 100 % dos partidos posibles (nesta ocasión xunto a Pedreira e Débora). A súa regularidade traduciuse en 17 goles, que a converten na segunda máxima goleadora do equipo no curso 2025/2026, só por detrás de Ale de Paz (22) e igualada con Rafa Pato. Curiosamente, son os mesmos tantos que acadou na tempada do seu debut como conserveira, na que tamén rematou como segunda máxima goleadora.
Así, Chuli pechou o ano cos seguintes números entre todas as competicións:
- Convocatorias: 39
- Partidos disputados: 39
- Titularidades: 14
- Goles marcados: 17
- Asistencias: 6
- Cartóns amarelos: 10
- Cartóns vermellos: 0

