Novas

Yanira únese ó club do 2028

Xul 6, 2026

A portería vermella manterá a dupla da recentemente rematada tempada durante dous anos máis. Á renovación de Elena únese a de Yanira Guizán Montes (Lugo, 30/01/2006), tamén ata 2028.

A gardameta internacional con España nas categorías sub-17 e sub-19, que vén de xogar coa Selección Galega o pasado sábado fronte a Cataluña, disputou 7 partidos de liga, 1 de Copa da Raíña e 2 de Copa Galicia. En Primeira División, destacou con catro encontros consecutivos (xornadas 23 a 26), nos que demostrou o seu alto nivel e deixou a portería a cero fronte a rivais como o LBTL Futsal ou o Alcorcón. En total, as súas estatísticas foron:

 

  • Convocatorias: 38
  • Partidos disputados: 10
  • Titularidades: 10
  • Goles encaixados: 11
  • Asistencias: 0
  • Tarxetas amarelas: 1
  • Tarxetas vermellas: 0
CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Renovacións · Yanira