Mañá volverá o fútbol sala do máximo nivel a Poio. Iso si, cun aperitivo en forma de partido de pretempada ante o FSF Castro. Será o primeiro dos dous duelos de preparación na nosa pista (xa vencemos por 0 – 2 ó Nun’Álvares portugués) antes do debut en Primeira División o 5 de setembro ás 18h en Zaragoza, ante o recentemente ascendido Wanapix Aldelis Intersala 10.
O cadro está formado por 14 xogadoras, aínda que tamén incluímos as canteirás Estela e Sofi, que xa debutaron na máxima categoría e son convocadas habitualmente.
Mentres que na imaxe escollemos a orde numérica, a continuación repetimos a lista por orde de posicións na pista:
- Elena – 1
- Yanira – 28
- Estela – 15 (canteirá)
- Martita – 8
- Bravo – 25
- Ale de Paz – 7 (capitá)
- Èlia – 3
- Miri – 10
- Pedreira – 13
- Luci – 19
- Chuli – 14
- Laura Sánchez – 19
- Laura Uña – 21
- Alba García – 11
- Sofi – 18 (canteirá)
- Débora – 6

