Volve a liga ó noso feudo o sábado co recibimento dun rival de sobra coñecido e que é directo na loita polo playoff, o Roldán. Por iso, precisamos convocar á marea vermella con todas as nosas forzas, para que as xogadoras dean un plus de esforzo na pista e entre todas creamos ese espírito de unión entre afección e equipo que tantas veces nos axudou na nosa historia.
A boa nova para cumplir con isto é a ampliación de aforo ó 70%. Aproximadamente 300 persoas poderían acudir a vernos e queremos que A Seca se volva a quedar pequena!
Lembra, o sábado ás 18:30h, como é habitual nos nosos partidos de local, tes unha cita co equipo da túa vila. Co voso apoio, estaremos máis preto de entrar por primeira vez no playoff polo título de liga.