Novas

Ale de Paz e Laura Uña, chamadas pola Selección Española

Set 18, 2023

Estámonos acostumando a ver o nome do noso club nas listas da selección española. Este luns, Clàudia Pons publicou a folla de convocadas para adestrar con “La Roja” entre o 24 e o 28 de setembro en Madrid, a primeira dende a consecución do terceiro título de campioas de Europa. Entre as 14 futbolistas, as conserveiras Ale de Paz e Laura Uña.

A de Neda, habitual da selección e dobre campioa de Europa, mantense entre as fixas, mentras que para Laura Uña é a súa primeira convocatoria. A cántabra, de 27 anos, asegurou que non o agardaba e que se enterou ó ver a propia lista.

Na tempada pasada, Martita e Sandra Buzón debutaron coa selección española sendo parte da nosa entidade, como Laura Uña agora. Sen dúbida, fiel reflexo do crecemento do equipo nos últimos tempos.

CATEGORÍA: Novas