Novas

Anna é nomeada mellor xogadora catalá da tempada 2022 / 2023

Dec 4, 2023

Grandísima nova a que se confirmou este luns. Sabiamos que a nosa ala, Anna, era candidata a mellor xogadora catalá de fútbol sala do curso pasado, xunto a Alicia Benete e Marta de los Riscos. Co 51’28% dos votos do xurado, a de Sabadell alzouse co premio, que recollerá o luns 18 de decembro na 11ª Gala Estrelas do Fútbol Catalán que se celebrará ás 18:45 horas na Antiga Fábrica Estrella Damm de Barcelona.

A Federación Catalá de Fútbol recoñece o espectacular ano que realizou unha Anna que foi chave nun equipo que bateu todos os seus rexistros en 25 anos de historia. Outros premiados foron Aitana Bonmatí, Oriol Romeu, Pep Guardiola, Sergio González ou Clàudia Pons.

¡Parabéns Anna por este merecido galardón!

 

Foto: Emma Belmonte
CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Anna