Novas

Campaña de abonados 2024 / 2025: Apetecen Títulos

Ago 20, 2024

O Poio Pescamar quere o seu primeiro título nacional. Sabemos que está preto e que temos que pelexar como nunca por conseguilo. Así o pediu a presidenta, Olalla, a Irene García, capitá e xogadora con máis tempadas consecutivas no equipo (nótese o tono humorístico seguindo un tema viral do verán).

Na segunda campaña con Luis López-Tulla como adestrador (e haberá dúas máis), alzamos a nosa cuarta Copa Galicia. Ademais, tras remontar na clasificación na segunda volta de liga, conseguimos a nosa primeira vitoria nun playoff polo título, pese a quedarnos de novo na semifinal. Sen embargo, esa gloria escorregóusenos das mans na final da Supercopa de España, da que fumos subcampioas por segunda vez.

O 2025 ten que ser o punto de inflexión. Si ou si. Malia que sabemos da dificultade da encomenda. E como non podía ser doutra maneira, manteremos estables os prezos dos abonos para que a nosa fiel Marea Vermella acuda ó pavillón da Seca en cada partido:

  • Abono estándar: 25€. Válido para unha persoa.
  • Abono familiar: 50€. Válido para tres persoas da mesma familia con parentesco de irmáns, pai-fillo ou avó-neto.
  • Abono empresa: 100€. Outórganse cinco carnés, así como unha publicación publicitaria nas nosas redes sociais.

Os carnés poderán solicitarse por email (info@poiopescamarfs.es) ou por Whatsapp (676 52 22 43). Calquera dúbida, responderase tamén por esas vías ou contactando coas nosas diversas redes sociais.

O sábado 7 de setembro comezaremos a liga na pista do recén ascendido Teldeportivo FSF e, unha semana despois, debutaremos como locais recibindo ó LBTL Futsal Alcantarilla. Mentras tanto, podedes consultar o calendario de pretempada aquí.

CATEGORÍA: Novas