Primeira gran alegría das Escolas Deportivas do club, todavía no mes de abril. O pasado sábado, día 29, o alevín masculino A venceu na final polo ascenso á Liga Galega ó Leis Pontevedra, poñendo o broche de ouro a unha tempada á que todavía lle resta a Copa por desputarse.
O equipo adestrado por Alberto Porto Vidal comezou a campaña encadrado no Grupo 2 da Fase Previa de liga na Primeira Autonómica de Pontevedra. Con sete vitorias e tres derrotas, o terceiro posto clasificoulles para o Grupo 1 na Liga Regular (formado polos tres primeiros de cada división na Fase Previa). Neste inicio do curso, precisamente o Leis logrou gañar na Seca.
Na segunda fase ligueira, o equipo mellorou e rematou segundo, empatado a puntos co líder, pero por detrás ó colleitar as súas únicas dúas derrotas fronte a el. Este lugar aseguraba xogar o partido polo ascenso ante o seguinte equipo non filial (xa que non podían subir), sendo un Leis Pontevedra ó que neste grupo gañaramos as dúas veces.
Así, na final polo ascenso, os nosos alevíns, patrocinados pola Bodega O Bocoi, conseguiron superar de novo ós pontevedreses e certificar un meritorio ascenso á Liga Galega. Parabéns, equipo!