Novas

O filial feminino sae en Preferente

Ago 10, 2022

Fantásticas novas chégannos ó ter confirmación oficial da Federación Galega de Fútbol de que o noso equipo sénior feminino B consegue finalmente o ascenso a Preferente, categoría anterior á Segunda División nacional e na que participamos por última vez na campaña 2017 / 2018, na que finalizamos sextas, pero renunciando á praza en dita liga. Curiosamente, fora un ano despois de proclamarnos campioas.

Tras un curso excelente, que rematamos cunha xeira de doce vitorias consecutivas, finalizamos en terceira posición no pasado mes de maio. Todo parecía indicar que o errático inicio da tempada anterior privaríanos do ascenso, xa que o equipo terminou mostrándose superior ó resto de rivais. Sen embargo, acompañamos ás campioas da Balona Linense no ascenso a Preferente Galicia.

A competición estaría formada por 16 equipos e comezaría o 18 de setembro, en primeira instancia e salvo novidades. O conxunto campión participa no playoff polo ascenso a Segunda División nacional, mentras que os catro últimos clasificados, descenden (condicionados por arrastres poderían ser máis).

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Filial Feminino