Novas

Entradas de balde para quen as atope

Out 3, 2023

O sábado xogaremos o segundo partido de local nesta campaña, contra o Rayo Majadahonda ás 18:30h. Por iso e coa idea de mantelo para os seguintes duelos na Seca, poremos en marcha un xogo. Así pois, agocharemos unha entrada dobre polo concello de Poio e a súa contorna, de forma que quen a atope, poida asistir ó partido acompañado por quen queira.

O momento de esconder a invitación será publicado nas nosas redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram), cunha pequena pista do seu paradoiro. A persoa que dé con ela, terá que:

  • Gravar un breve vídeo recollendo a entrada.
  • Mencionarnos na rede social que use para subir o vídeo.
  • Ser seguidor ou seguidora do Poio Pescamar nesa rede social.

Desta forma, pretendemos atraer máis público ós partidos da Seca e que máis xente coñeza que onde viven hai un equipo de Primeira División, punteiro en España, ademais de fortalecer o vínculo coa nosa terra e dala a coñecer.

Moita sorte ós participantes!

CATEGORÍA: Novas