Novas

Agostina non formará parte do próximo plantel

Xuñ 24, 2023

Paula Agostina Chiesa tampouco continuará. A internacional arxentina de 34 anos deixará a entidade despois de tres como conserveira, cunha Copa Galicia, 73 partidos xogados, 676 minutos en pista, 15 goles e 6 asistencias.

A marcha de Agostina, que chegou xunto á súa compatriota Dupuy, significa pechar un capítulo no que arxentinas e brasileiras chegaron a ser case a metade do equipo.

Moita suerte, Agos!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Agostina · Baixas