Novas

Carla Ayensa non seguirá connosco

Xuñ 29, 2024

Despois de nove meses na entidade, Carla Ayensa Arano (26/05/1998, Tudela, Navarra) confírmase como unha das baixas deste verán.

A pivote chegou en outubro de 2023 procedente do LBTL Futsal Alcantarilla e dende entón acumulou 28 partidos xogados en 33 convocatorias (4 como titular), nos que anotou 4 goles e deu 5 asistencias, todo en liga agás un pase de gol en Copa Galicia.

Moitas grazas polo teu compromiso e moita sorte, Carla.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Carla Ayensa