A xogadora arxentina Julia Paz Dupuy Dal Mas non seguirá escribindo a súa historia no plantel conserveiro. A porteña, que actuou este ano de peche, aínda que con moita versatilidade de posición, conclúe unha etapa de tres anos no club, sendo unha das máis veteranas xunto a Luci e Agostina, só superadas por Irene e Dani Sousa.
Ós seus 23 anos, a internacional coa albiceleste deixa no palmarés do club a Copa Galicia 2022, así como outros fitos históricos dos que formou parte, como as finais de Copa da Raíña en decembro de 2020 e a posterior Supercopa de España en xaneiro de 2021 (sen esquecernos da recén finalizada campaña na que batemos tantos rexistros e desputamos o primeiro playoff polo título de liga). En total 70 partidos, 816 minutos sobre a pista, 7 goles e 6 asistencias.
Moita sorte Julia, Poio é un pouco máis internacional grazas a ti!