Confírmase a saída da xogadora brasileira tras unha tempada defendendo a camiseta vermella. Jane, que chegou dende o Burela FS, asinou unha grandísima campaña, a pesares de sufrir unha lesión en inverno que a apartou practicamente dous meses das pistas. Iso non impediu que rematase a liga con 17 goles, a segunda máxima anotadora do equipo.
Moitas grazas, Jane, polo teu esforzo e dedicación exemplar nestes meses na Seca. Sorte nos teus seguintes proxectos!