Novas

Kevin Noda deixa o Poio FS

Xuñ 12, 2023

O tándem Luis – Kevin separa os seus camiños. O que foi segundo adestrador do equipo de Primeira División, así como preparador e coordinador dos equipos femininos da base, deixa o club despois de ano e medio para voltar ás Illas Canarias.

Kevin, de 29 anos, chegou en febreiro de 2022 procedente do Sala Zaragoza e na campaña do noso 25 aniversario uniuse ó corpo técnico de Primeira División, formando un xovencísimo liderazgo xunto a Luis (de 27 anos).

Ademais dos éxitos coas maiores, colleitou numerosas vitorias e títulos galegos coa canteira vermella.

Moitas grazas polo teu esforzo e moita sorte no futuro!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Kevin Noda