Lara Balseiro Candia (22/1/1993) separa unha vez máis o seu camiño do noso. Fíxoo en 2012 por primeira vez, despois dunha campaña cando aínda estabamos en Segunda División, para volver ó Burela FS, onde o gañaría absolutamente todo a nivel de clubes (4 Ligas, 5 Copas de España, 5 Supercopas, 1 Campionato de Europa, 1 Recopa de Europa e 6 Copas Galicia). Agora xa pode dicir que posee un título lonxe da Mariña, tras conquistar a súa sétima Copa Galicia como conserveira.
No recentemente finalizado curso, foi convocada en todos os partidos (40), entrando en xogo en 25 (1 como titular), marcando 3 goles, dando 2 asistencias e recibindo 4 tarxetas amarelas. Os seus goles e asistencias foron en liga.
Agradecemos enormemente a profesionalidade e o traballo de Lara, á que lle desexamos moitísima sorte nos seus futuros proxectos.