Novas

Laura Uña non estará no próximo curso

Xuñ 17, 2025

A quinta baixa de cara á próxima campaña é a de Laura Uña Canales (Cabezón de la Sal, Cantabria, 12/8/1996).

A pivote deixa unha gran pegada na nosa entidade, cun alto rendemento que lle serviu para ser convocada coa Selección Española. A súa regularidade durante estes tres anos fana entrar no club de centenarias defendendo as nosas cores na pista e a nosa máxima goleadora histórica en Copa da Raíña (7). Rematou como pichichi do vestiario vermello en cada un dos cursos que aquí permaneceu (unicamente Chuli, na recén finalizada liga, foi quen de superala, pero non no total de competicións).

Así, estes son os números totais de Laura Uña entre Liga, Copa da Raíña, Supercopa e Copa Galicia:

  • Convocatorias: 112
  • Partidos xogados: 110
  • Titularidades: 87
  • Goles: 68
  • Asistencias: 23
  • Tarxetas amarelas: 19
  • Tarxetas vermellas: 0

Moita sorte para o futuro, Laura!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Laura Uña