Baixa difícil de asimilar a da nosa tricampioa europea Luci. Tres tempadas despois da súa chegada a Poio, por motivos laborais deixará o club.
Ós seus 31 anos, nas nosas filas sumou unha Copa Galicia ó seu palmarés repleto de títulos. A coruñesa, fundamental na selección española que se coronou campioa de Europa nas tres edicións celebradas, acumulou neste curso 11 goles en liga e 1 en Copa da Raíña. En total, 88 partidos xogados, 1.808 minutos, 34 goles e 24 asistencias.
Botarémoste de menos, Luci!