Novas

O cambio na portería confírmase coa saída de Lucía Paz

Xuñ 25, 2022

Complétase o relevo baixo os paus do club. Confirmada a saída de Caridad, mesma situación para a todavía máis xoven porteira de Ferrol, Lucía Paz. Despois de toda unha vida na Fervenza FSF, daba o salto á Primeira División chegando a Poio o verán pasado con só 18 anos. Agora, ós seus 19, conta co debut na mellor liga do mundo do futsal feminino e logrou sumar ó seu palmarés (e ó noso) a Copa Galicia, competición onde puido gozar de máis minutos de xogo.

Sempre soubo que tería un papel secundario na competencia coa súa homóloga gaditana na portería, pero dende o inicio deixou claro que traballaría para aprender dela, mellorar e aportar todo o que estivese nas súas mans.

Moitas grazas Lucía pola túa profesionalidade e o teu traballo. Agardamos que o teu paso polas nosas filas te servise para medrar persoal e profesionalmente.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Lucía Paz