Outra das nosas integrantes cariocas, que ó igual que Jane veu do Burela o verán pasado, causa baixa no Poio de cara á seguinte tempada.
Creo que todos nos quedamos con gañas de ver a calidade que Luísa Mayara atesora nas súas botas, pero os continuos problemas físicos non permitiron á internacional brasileira brillar connosco, posto que sumou 3 goles en liga e na recta final do campionato tivo que pasar polo quirófano.
Oxalá que poidas estar ó 100% nos teus próximos proxectos e moitas grazas pola túa infinita alegría que sempre contaxiabas ó resto. A ver quen colle agora o relevo no desafío de petelecos!