Novas

Marta Peñalver e o Poio Pescamar separan os seus camiños

Dec 10, 2024

Marta Peñalver Ramón (San Javier, Murcia, 12/7/1992) non continuará connosco. Despois dunha tempada moi dura, na que rematou a recuperación da súa lesión de ligamento cruzado, apenas puido desfrutar do seu deporte favorito antes de ter a mesma lesión no seu outro xeonllo.

Marta disputou 4 partidos e marcou 3 goles nos 11 días que puido estar activa este ano. Regresou da súa primeira lesión do cruzado na Supercopa de España, na que xogou os dous encontros, firmando un importante gol na semifinal. En liga, foi convocada para a 19ª xornada, en Majadahonda, na que tamén anotou un tanto. Máis tarde, na semifinal de Copa Galicia en Ribadeo ante o Burela, aínda tivo tempo de marcar un gol antes da súa lesión no xeonllo esquerdo. No curso 2022 / 2023, chegou a anotar 15 tantos (14 en liga e 1 en Copa da Raíña).

Moita sorte nos teus futuros proxectos, Marta.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Marta