Novas

Tras un ano despedímonos de Rocío Molina

Xuñ 5, 2025

A aventura vermella de Rocío Molina (Almería, 04/04/2005) remata despois dunha tempada.

A peche almeriense demostrou regularidade e foi un continuo revulsivo no esquema conserveiro. O seu traballo non pasou desapercibido nas categorías inferiores da Selección Española, cunha convocatoria na Sub-21 e outra na Sub-23.

Os seus números no recén finalizado curso, entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia, son:

  • Convocatorias: 36
  • Partidos xogados: 32
  • Titularidades: 2
  • Goles marcados: 3
  • Asistencias: 0
  • Tarxetas amarelas: 7
  • Tarxetas vermellas: 0

Moitas grazas por todo, Rocío!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Rocío Molina