Novas

Benvida do clube

Xan 26, 2022

Non era sen tempo! Por fin estamos ó día e estreamos a nosa web nesta tempada de #ReEvoluciónVermella. A comunicación é un aspecto chave e queremos que os nosos afeccionados, seguidores e cualquera que precise información do clube, estea ó tanto das nosas novidades e poida contar connosco.

Agardamos que vos guste a páxina web, que sexa do voso agrado e valoredes este esforzo por parte do clube, que tamén quere medrar no social, así como o está facendo no deportivo.

Non hai moito máis que engadir polo momento. Quedamos abertos a cualquera suxerencia para seguir mellorando e ogallá que compartades o noso contido para levar o fútbol sala, o deporte e a igualdade a cada vez máis xente!

CATEGORÍA: Comunicados