Novas

O equipo Biberón é CAMPIÓN DE COPA

Mai 29, 2023

Sendo a categoría máis pequena de todas e conscientes de que están moi lonxe de calquera competición real, non podemos tampouco deixar de mencionar ó noso equipo biberón como campións de Copa! A ilusión por xogar, facer amigos e divertirse é primordial, quedando os resultados a un lado. De todas formas, son máis que merecedores deste recoñecemento mediático na nosa web, que seguro alegra a nenos e nenas (e quizáis a algún adulto).

Despois de finalizar unha liga na que os nosos dous equipos remataron segundos e terceros, pasamos á Copa. Na primeira fase, o Biberón A clasificou como primeiro dun grupo onde estaba o campión de liga, Villalonga FC, co que empataron dúas veces e perderon unha. Non puido chegar a semifinais o Biberón B. Nestas, superamos ó Barro CF e o destino púxonos, de novo, ó Villalonga en fronte na final. Esta vez vencemos, na prórroga, deixando o trofeo en Poio.

Parabéns equipo!

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Biberón