Novas

O Cadete Masculino B álzase coa Copa Delegación

Xuñ 9, 2022

Aproxímase o ocaso da tempada 2021 / 2022 e seguen chegando boas novas na nosa Escola Deportiva. O equipo B do cadete masculino venceu na final da Copa Delegación por un contundente 12 – 2 ó Pecheches B. Gran traballo do conxunto levado por José Luís Santos, que en semifinais gañou por 4 – 2 ó Marín Futsal B e, en cuartos de final, fixo o propio cun 7 – 2 ante o Salceda.

Redondearon, sen dúbida, un magnífico ano engordando as vitrinas do clube. Parabéns mozos!

 

CATEGORÍA: ED Poio · Novas