Novas

Definido o Cadro Final do Quiz Poio FS 2023

Mar 7, 2023

Chega o momento da verdade nesta 2ª edición do Quiz Poio FS. Practicamente dous meses despois de comezar, tras seis duelos de primeira rolda e unha repesca entre Martita e Agostina (derrotadas con maior puntuación), un novo sorteo define o cadro dende os cuartos de final.

Por un lado teremos as partidas entre Laura Uña e Sandra Buzón, así como Martita (vixente campioa) e Rocío Gómez, programados para as xornadas 22 e 23 de liga. As gañadoras enfrontaranse entre elas en semifinais para decidir a finalista desta vertente do torneo.

Pola outra parte, en cuartos agárdannos os duelos Elena Aragón – Dupuy (estréase tras quedar exenta por sorteo da rolda previa) e Elena – Anna. Grabaranse nas previas das datas 24 e 25. De igual forma, as vencedoras veranse as caras en semifinais, na loita polo outro posto de finalista.

Ambas semifinais, así como o último duelo, serán no mes de maio, nas xornadas 26, 27 e 28 de liga, respectivamente.

Como anécdota, puidemos comprobar que as fichaxes desta tempada veñen pisando forte, pois ocupan cinco dos oito postos de cuartofinalistas. Só falta Marta, que tiña dereito a repesca, pero decidiu non participar nela para que houbese un duelo entre Martita e Agostina (en caso de ser tres, definiríase por sorteo).

¡A sorte está botada!

CATEGORÍA: Novas