Dous meses despois de comezar a 3ª edición do Quiz Poio, ese concurso entre as xogadoras que serve de previa dos partidos (e de scouting), temos definido o cadro final coas oito participantes que quedan.
Elena Aragón, como vixente campioa, quedou exenta dunha primeira rolda na cal Marta non participou debido ó proceso de recuperación da súa lesión. Para cadrar enfrontamentos, Elena González tivo unha segunda oportunidade e Anna foi finalmente repescada.
Precisamente, a de Chiclana abrirá os cuartos de final contra Lara Balseiro, que superou a Sandra Buzón. A vencedora desputará a semifinal contra Rocío Gómez ou Laura Uña, que gañaron a Elena González e Martita (campioa da 1º edición), respectivamente.
Polo outro lado do cadro, Elena González verase contra Ale de Paz (pasaron ante Anna e Saki), mentras que a de Sabadell enfrontarase a Carla Ayensa, que gañou a Irene.
Moita sorte a todas! Recordade que haberá premios, coma sempre.