A Federación Galega de Fútbol publicou o cadro cos cruces da XVI edición da Copa Galicia, na que defenderemos título logo de vencer o pasado mes de maio ó Ourense Envialia e conquistar así a Copa por terceira vez.
Un total de 12 equipos participan en categoría feminina. A fase previa, da que estamos exentas, será o 28 de agosto. Nós entraremos en competición pouco despois, o 4 de setembro. O rival será o vencedor entre o F.S. Cidade de Pontevedra e o C.D. Mosteiro Bembrive.
As semifinais, a priori a dobre partido, definiranse por sorteo.
Fonte: Futgal