Novas

Publicado o calendario da liga

Ago 3, 2022

Esta mañá deuse a coñecer o calendario da liga na tempada 2022 / 2023. A competición comezará o 10 de setembro e rematará na fin de semana do 27 – 28 de maio de 2023. O parón de nadal, que será na xornada 13, sitúase no 17 de dicembro. A volta xa en aninovo, programada para o 7 de xaneiro coa xornada 14.

No que a nós respecta, o primeiro partido será na Seca, precisamente contra o último equipo que nos visitou no curso anterior, o Joventut d´Elx. Despois, visitaremos ás vixentes campioas do Futsi Atlético Navalcarnero. Os últimos duelos serán derbis, posto que na data 29 visitaremos ás nosas veciñas de Marín e finiquitaremos a liga en casa ante o Burela.

En canto ó cambio de ano, pecharemos o 2022 viaxando a Melilla e iniciaremos o 2023 recibindo, ó ser a 14ª xornada, ó antes mencionado Marín Futsal.

Quedan, por tanto, pouco máis de cinco semanas de pretempada para preparar a campaña do noso 25 aniversario, na que sen dúbida apostamos forte para seguir facendo historia.

CATEGORÍA: Novas