Onte, día 21 de marzo de 2024, fíxose oficial o cambio na presidencia do club, tal como se acordara na asemblea de socios do pasado 8 de febreiro.
O que fora presidente e cofundador do club (xunto a Vicente Pérez Pérez, actual secretario) en 1997, Juan José García Camiño, deixa o seu cargo por motivos personais. O seu posto ocúpao agora quen exercía como tesoreira, Olalla Folla Barros. Por ende, tamén temos novo tesoreiro, José Antonio Nacemento Mayáns. O resto da directiva mantense.
Enviamos un profundo agradecemento á labor de Juanjo durante tantos anos, así como o desexo de toda a sorte como presidenta para Olalla.